Bono das persoas traballadoras autónomas

Publicada: miércoles, 4 de febrero de 2026

Descrición


Apoiar a consolidación de proxectos que superaron os tres anos de vida, co obxecto de mellorar a súa competitividade.

Prazo


30/09/2026

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2026 - Prazo aberto: 11/02/2026 09:00 - 30/09/2026 20:00

A quen vai dirixido?
1. As persoas traballadoras autónomas de alta no RETA, en calquera outro réxime especial por
conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, que na data da
solicitude teñan o domicilio fiscal en Galicia e que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que teñan unha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos, computados desde a data
da solicitude, na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional.
b) Que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas,
declarados na declaración do IRPF anual referida ao ano 2024, inferior a 50.000 euros.
c) Que teñan unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na declaración
referida ao ano 2024.
2. As sociedades de calquera clase, incluídas as unipersoais e comunidades de bens, con
domicilio fiscal en Galicia na data da solicitude, e que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que na data da solicitude teñan unha persoa autónoma societaria cunha antigüidade
superior a 42 meses ininterrompidos na realización efectiva dunha actividade empresarial ou
profesional.

No suposto de persoas autónomas administradoras, terán a consideración de autónomo
societario se forman parte da sociedade nunha porcentaxe igual ou superior ao 25 % da súas
participacións ou igual ou superior do 33 % do seu capital, o que deberán acreditar
fidedignamente mediante certificado do rexistro mercantil, escritura notarial ou calquera outro
documento que recolla fidedignamente tanto a dita participación como a súa condición de
persoa autónoma societaria con data anterior á presentación da solicitude.
b) Que a empresa teña unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na
declaración referida ao ano 2024.
c) Que a empresa teña unha base impoñible no imposto de sociedades da declaración realizada
referida ao ano 2024, inferior a 50.000 euros (segundo o recadro 552 do imposto de sociedades).
No caso de entidades que tributen en réxime de atribución de rendas, este importe de 50.000
euros referirase á suma de todos os rendementos netos reducidos (rendementos da actividade
económica da entidade solicitante), declarados no IRPF de cada un dos membros da entidade
solicitante (modelo 184).
3. Quedan excluídas do programa regulado neste capítulo:
a) As persoas autónomas colaboradoras e os familiares que, de maneira habitual, realizan
traballos para persoas traballadoras autónomas ou mutualistas de colexio profesional e que
non teñan a condición de persoas traballadoras por conta allea conforme o establecido no
artigo 1.3.e) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto
lexislativo 2/2015, do 23 de outubro.
b) As persoas autónomas administradoras, salvo que formen parte da sociedade nunha
porcentaxe igual ou superior ao 25 % das súas participacións ou igual ou superior ao 33 % do seu
capital, o que deberán acreditar fidedignamente mediante certificado do rexistro mercantil,
escritura notarial ou calquera outro documento que recolla fidedignamente tanto a dita
participación como a súa condición de persoa autónoma societaria con data anterior á
presentación da solicitude.
c) As persoas traballadoras autónomas que foron beneficiarias e percibiron a axuda do bono
das persoas autónomas, procedemento TR341Q, nalgunha das cinco últimas convocatorias
(2021 a 2025, ambas incluídas).
d) As persoas traballadoras autónomas que resultaran beneficiarias desta axuda TR341Q en
2026 e renunciaran a ela no marco desta convocatoria.
e) As sociedades que foron beneficiarias e percibiron a axuda do bono das persoas autónomas,
procedemento TR341Q, nalgunha das cinco últimas convocatorias (2021-2025, ambas incluídas).
f) As sociedades que resultaran beneficiarias desta axuda TR341Q en 2026 e renunciaran a ela
no marco desta convocatoria.
Requisitos xerais.

As persoas traballadoras autónomas deberán cumprir os seguintes requisitos xerais á hora de
solicitar as axudas:
a) Ter feitos os 18 anos.
As persoas beneficiarias das axudas do programa I e do programa II deben figurar inscritas como
demandantes de emprego desempregadas no Servicio Público de Emprego, carecendo de
ocupación efectiva segundo informe de vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, e
manterse nesa situación ata o momento en que se produza a alta no RETA, en calquera outro
réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou, se é o caso, na mutualidade
correspondente.
b) As persoas beneficiarias das axudas de todos os programas deberán desenvolver a súa
actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.
Para os efectos destas axudas de todos os programas, entenderase que a persoa beneficiaria
desenvolve a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia cando o domicilio da
actividade e o centro de traballo estean situados na Comunidade Autónoma de Galicia.
Para determinar onde se desenvolve a actividade económica, para os efectos desta orde,
considerarase:
– Se a actividade se desenvolve nun establecemento físico, no domicilio deste.
– Se a actividade se desenvolve sen establecemento físico, no domicilio fiscal do beneficiario ou
causante, se é o caso.
Para a comprobación do cumprimento do requisito de desenvolver a súa actividade de persoa
traballadora autónoma na Comunidade Autónoma de Galicia, consideraranse os datos
recollidos no Censo de Empresarios, Profesionais e Retedores e os datos do domicilio fiscal,
ambos rexistrados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria, e o informe de vida
laboral emitido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

Organismo


Xunta de Galicia

Comparte esta axuda


Información sobre Cookies

  • Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para recompilar información que axude a optimizar o seu navegación web.
  • Non se utilizan cookies para recoller información de&car aacute;cter persoal.
  • Si continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter más información ou coñecer cómo cambiar a configuración, na nosa Política de Cookies